Número habilitado pola Federación Galega de Fútbol para resolver os incidentes que se produzan durante o fin de semana
Charlas Online, Entrevistas
Enquisas
CD Lugo e Calasancio deron un paso firme para acadar a permanencia
CD Lugo e Calasancio acadaron dúas victorias na última xornada dos campionatos de División de Honra e Liga Nacional xuvenil. Os de Miguel García impuxéronse ó Perines por 3-1 e os monfortinos venceron pola mínima ó Arosa (1-0). Na vindeira xornada, os capitalinos visitarán o Santillana del Mar, para medirse á Gimnástica de Torrelavega e o Calasancio xogará nas Eiroas fronte o Bergantiños.
Duras sancións aos delegados de campo do Riotorto e o Oural por incidentes na pasada xornada
Os distintos comités de competición da FGF veñen de facer públicas as sancións deportivas que afectan aos clubs lucenses que compiten en categorías de ámbito provincial. Os delegados do Riotorto, con 3 meses e medio de sanción, e do Oural, con un mes, engádense á ista de 62 xogadores sancionados nas competicións afeccionadas de ámbito lucense.
A Mariña vivirá unha xornada de derbis de urxencias
Os dous derbis marilñáns marcarán o futuro na Rexional Autonómica dos catro conxuntos da costa lucense.
O perdedor do Foz – Xove Lago quedará afundido na táboa, a como mínimo, 8 puntos de distancia da permanencia.
O Chantada recibe ó Xallas coa ilusión de achegarse ós postos de play-off polo ascenso a Terceira División.
O CD Lugo rematará a fase polo título da Liga Galega Infantil fronte a Celta e Deportivo
A Federación Galega de Fútbol sorteou nas pasadas horas os calendarios da segunda fase do campionato galego na categoría infantil. Os nove primeiros clasificados, tanto do grupo norte, como do sur, integraranse nun e disputarán unha liga a unha volta para dilucidar o campión galego na categoría. Os 9 peores equipos da primeira fase en cada grupo seguirán divididos en dous grupos de 9, que xogarán unha liga a dobre volta (en cada grupo), e dela sairán os dous descensos do grupo norte e os dous do grupo sur.
Só o Roupar venceu na zona baixa
Os de Iván Leal impuxéronse ó Cazás e achéganse á zona media.
Muralla B, Codesido e UD Lugo saíron goleados ante rivais da zona alta.
O Momán perdeu ante o Luís Pimentel unha oportunidade de achegarse ós postos altos da clasificación.
Só o San Román segue o ritmo dos equipos en ascenso
Os de Rafa Blas golearon á UD Lugo e suman oito xornadas sen coñecer a derrota.
O San Ciprián continúa firme na primeira praza tras vencer en Abadín.
O Mondoñedo asoballou ó Muralla B e suma 6 victorias consecutivas no Viñas da Veiga.
O Pradeda dá a sorpresa en Monforte
Os guntineses arrincaron un empate ante o Arenas, que está enfrascado na loita polo ascenso.
O Corgo empatou en Paradela sen goles e o resto de equipos da zona baixa non sacaron nada positivo nesta xornada.
