Charlas Online

Charla con Recalde (Capitán Lourenzá)

CHARLA ONLINE CON RECALDE (Capitán Lourenzá)

Recalde, capitán do Lourenzá, é un dos artifices da permanencia acadada polo coxunto dirixido por José Manuel. A vindeira tempada seguirán competindo na Primeira Autonómica. Envía a túa pregunta con este formulario ou con twitter utilizando o hashtag #recalde

ENVIA A TÚA PREGUNTA

Obligatorio *


  Actualizar Captcha  
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Charla con Fiz (Adestrador do Pastoricense)

Fiz ven de realizar unha sensacional campaña no banquiño do Pastoricense, tras varios anos nos que o equipo da Pastoriza estivo loitando por o ascenso a 1ª Autonómica, a súa primeira tempada nesta categoría non puido ser mais positiva. Tendo opcións ata as últimas xornadas incluso de dar o salto a Rexional Autonómica. CHARLA PUBLICADA O VENRES 17 DE XUÑO

¿Te gusta tener defensores contundentes en tu defensa (si se va el jugador patada) o prefieres tener a los tipicos juones atras que cuando pierden una bola te dejan vendido? Enviada por Manolo

Creo que unha cousa non ten que ver coa outra, podes ter defensores cun bo dominio do balón e que ao mesmo tempo sexan contundentes defensivamente, sería o ideal, pero a veces é difícil atopar eses xogadores. Elixiría un ou outro en función do equipo que tivese e do estilo de xogo que intentaramos practicar, sabendo que xogadores que te deixan vendido non lle gustan a ninguén.

 

Cales son as tuas aspiracións como adestrador? ¿que adestradores destacarías da primeira rexional? Enviada por Jorge

Encántame o fútbol e para min é un pasatempo, aínda que ao mesmo tempo gústame tomalo con seriedade e ir aprendendo e formándome. Non penso moito nun futuro lonxano, pero gustaríame poder adestrar na preferente polo menos. En primeira rexional este ano había grandes adestradores, uns experimentados como poden ser Montoto ou Madriles e outros máis noveles cun gran porvir como Iván Rodríguez ou Emilio, por citar algúns.

 

Hola fiz , en 1º lugar felicitarte publicamente por la excepcional temporada que has realizado con tu equipo , mi pregunta es la siguiente :cual crees tu que fue el motivo de que en las ultimas jornadas tu equipo bajara un poco el nivel que mostro durante toda la temporada para poder haber estado en la 2ª plaza de ascenso? Enviada por Iván Rodríguez

Grazas Iván. Creo que non baixamos o rendemento, de feito dos últimos sete partidos só deixamos de gañar en Chantada e en Santaballa, e neste último xa non tiñamos opcións de chegar ao segundo posto. Fomos moi regulares pois na primeira volta fíxemos 28 puntos e na segunda 30, e creo que non chegamos ao segundo posto porque o Ribadeo fixo unha segunda volta excepcional e foi claro merecedor do ascenso.

 

¿Canto e de que forma influiron en ti os adestradores que tiveches. Recordas algún de maneira especial? Enviada por Pablo

Influíron moito, pois deles e dos profesores que tiven nos cursos de adestradores e na facultade foi de quen aprendín. De todos aprendes cousas polo que é complicado citar algún en concreto.

 

Cando nos dices aos xogadores, patadón para arriba buscando a Farra, de verdade estás convencido dese tipo de xogo?? Preferirías un futbol máis de toque? Enviada por Iñaqui

Jaja, eses son secretos de vestiario Iña. Vendo os xogadores que temos estaba convencido de cómo tiñamos que xogar, máis complicado foi convencervos a vosoutros, jaja, sorte que acompañaron os resultados. Recoñezo que o fútbol combinativo é máis vistoso cao directo, pero neste caso foinos ben xogando directo.

 

Felicidades pola temporada. ¿Tiveches algunha oferta para cambiar de equipo? Enviada por Felipe

Grazas de novo. No, non tiven ningunha oferta, e iso que teño o móbil aceso as 24 horas do día, jaja.

 

¿En que crees que cambiou o fútbol dende os teus comezos ata agora? Enviada por Nando

Creo que se mellorou moito a nivel de instalacións e na preparación dos adestradores. Sen embargo, o fútbol lucense concretamente, non está pasando polos seus mellores momentos e bótase de menos a Viveiro, Xove ou Lemos na terceira división, por exemplo. Creo que isto ocorre, entre outras cousas, porque hai menos xogadores (menos competencia, menos onde escoller,..) motivado pola aparición de novas formas de ocio e pola cantidade de fútbol televisado que temos.

 

O final podemos decir que o Pastoricense tivo s sorte coa marcha de Vilacha, ¿Velo así? ¿Qué opinión tes del coma adestrador?  Enviada por Profe10

Vilachá é un gran adestrador, de feito vén de acadar un novo ascenso de categoría polo que hai que felicitalo. Que foi sorte que marchara?? Iso nunca se saberá, o único que sabemos é que él foi capaz de devolver ao Ribadeo a unha categoría na que levaba moito tempo sen xogar e que o Pastoricense sen él está vivindo unhas das mellores tempadas da súa historia. Todos contentos.

 

PREGUNTAS PROPIAS DE www.futbollucense.com

 

¿Supoño que nin no mellor dos casos no inicio de tempada contabas coa clasificación final obtida?

Non, tiñamos moitos interrogantes porque a maioría dos xogadores non tiñan experiencia na categoría, pero por outro lado sabíamos da súa ilusión e compromiso. Eu pensaba que podíamos salvarnos, pero non que estiveramos cerca do segundo posto ate as últimas xornadas e que foramos o mellor clasificado despois dos dous grandes favoritos dende o principio, Chantada e Ribadeo.

 

¿Que crees que vos levou a dar un rendemento tan alto?

En Pastoriza hai bos xogadores, aínda que moitos non eran moi coñecidos porque estiveron case sempre en segunda rexional. E ademais de ter boas cualidades técnicas e tácticas, teñen unha gran capacidade de sacrificio, gústalles adestrar, queren mellorar e son ante todo un grupo de amigos. Isto, máis a ilusión de xogar en primeira rexional foi o que fixo obter tan bos resultados.

 

¿Ves marxe de mellora no equipo de cara as vindeiras tempadas?

É complicado acadar unha mellora anivel clasificatorio e de puntación, pois somos conscientesde que A Pastoriza é unha localidade moi pequena e o vindeiro ano, por exemplo, imos competir co Lemos, Castro ou Burela. O que si penso é que se o club segue traballando como ata o de agora podemos ter Pastoricense para varios anos na primeira rexional xa que detrás desta xeración vén outra de xuvenís que o están facendo realmente ben.

 

Volvendo a tempada recen rematada, Santaballés e Iberia competirán en 2ª Autonómica. ¿Ves isto coma síntoma do nivel da Primeira actual ou mais ven coma o contrario?

A todos nos chama atención o descenso destes dous equipos históricos no fútbol provincial, cun pasado recente na preferente. Non creo que o descenso dun equipo, por máis ou menos nome que teña, indique o nivel dunha competición, os nomes non xogan.

 

O Pastoricense costoulle moitos anos dar o salto a primeira, ¿Cal crees que son as claves para conseguir o ascenso ata primeira?

Tanto vai o cántaro á fonte..jaja. Creo que o Pastoricense merecía ascender antes pola traxectoria dos últimos anos, pero por diferentes motivos non foi capaz. A tempada pasada, mantendo a base, ficháronse xogadores que marcaban as diferenzas na categoría e, sobre todo, coma nesta tempada, o traballo, o compromiso e a ilusión dos xogadores foi fundamental.

 

¿Con que obxectivo partirá o Pastoricense a vindeira tempada?

Ao igual que na tempada que acaba de rematar, o obxectivo é a permanencia. Pensar noutra cousa sería enganarnos a nos mesmos e cometer un grave erro. Iso pasa por acadar 45 puntos o antes posible, e para iso será fundamental a ilusión da tempada pasada.

 

¿E mais a largo prazo?

Creo que asentarse na primeira rexional ten que ser o gran obxectivo. Temos un equipo xuvenil (formado 100% por xogadores do concello) que da man de Raúl está facendo unha gran tempada e nel hai unha serie de rapaces con cualidades para xogar no primeiro equipo nos vindeiros anos. Polo tanto, o obxectivo deste club debe ser asentarse na primeira rexional e conseguir que eses rapaces vaian sendo cada vez máis importantes no equipo. Sendo conscientes, claro está, de que en calquer momento se pode volver á segunda rexional e non pasaría nada, pois xa estivemos moitos anos nesa categoría.

 

¿Haberá moitos cambios no plantel?

No, tan só hai a baixa de Alex que deixa o fútbol e as altas dos xuvenís Reina e Iván Seco, aínda que nos descartamos que haxa algunha incorporación máis.

 

¿Que necesidades crees que son prioritarias a hora de completar o plantel?

Creo que temos un plantel moi compensado no que non se van facer moitas modificacións xa que sería absurdo despois da tempada que se realizou e tendo en conta que a maioría dos rapaces son da Pastoriza ou arredores. Gustaríame fichar un xogador para o medio do campo que aportara algo diferente ao que temos.

 

A nivel individual, ¿Como valoras esta primeira experiencia nos banquiños?

Moi positiva. Por un lado podería parecer complicado adestrar aos teus amigos (a veces é), pero no meu caso está sendo doado porque eles fan que así sexa e cada un sabe cal é o seu rol e diferenza perfectamente cando estamos no vestiario e cando estamos de festa. Ademais tiven a sorte de que acompañaron os resultados, entón todo foi máis doado.

 

O equipo que conte con Fiz como adestrador ficha a un adestrador que........

O que me coñece sabe que me encanta o fútbol, polo a pesar de ser un hobby, tómoo con moita seriedade dentro das posibilidades que hai no fútbol afeccionado. Gústame adestrar e, polo tanto, o traballo diario e o compromiso.

 

¿Pensas algo no teu futuro coma técnico ou e dos que vive mais o momento?

Xa comentei que me gustaría adestrar na preferente algún día (aínda non me vexo preparado), pero hoxe só penso no Pastoricense, en seguir desfrutando do bo momento que estamos a vivir e no dura que vai ser a tempada seguinte.