Charlas Online

Charla con Recalde (Capitán Lourenzá)

CHARLA ONLINE CON RECALDE (Capitán Lourenzá)

Recalde, capitán do Lourenzá, é un dos artifices da permanencia acadada polo coxunto dirixido por José Manuel. A vindeira tempada seguirán competindo na Primeira Autonómica. Envía a túa pregunta con este formulario ou con twitter utilizando o hashtag #recalde

ENVIA A TÚA PREGUNTA

Obligatorio *


  Actualizar Captcha  
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Charla con Labrada (Adestrador Rioaveso)

altLabrada continuará unha tempada mais á fronte do Rioaveso. Tras unha boa tempada na 2010/2011 espera poder manter ó Rioaveso nos postos altos da clasificación nunha liga que se presenta moi interesante. Charla publicada o 20 de Agosto de 2011.

PREGUNTAS CHEGADAS A WEB

¿Cal e o obxetivo para esta tempada? Enviada por Jose

O obxectivo deportivo primordial é o de non pasar apuros e salvar a categoría.Debido os arrastres cada vez a categoria é máis competida facendo desta a segunda autonomica máis forte que recordo.De todos modos estamos traballando para poder seguir competindo con calquera e ser un equipo cada día mellor. E se podemos sequir nos postos altos como estes anos moito mellor, sabendo sempre da dificultade que eso conleva


De cara á vindeira tempada,¿é posible a túa volta ós terreos de xogo? posto que moitos afeccionados agardan volver a ver esa maxistral zurda. Un saúdo Ramón. Enviada por sporting caraño

jaja Disfruto moito xogando,pero cando adestro un equipo prefiro manterme só na parte técnica e limitarme as pachangas

Coa experiencia que tes na segunda rexional, ¿cales pensas que son os 5 mellores xogadores da  categoria?.un saludo. Enviada por Lois

Os mellores son os 24 que teño no plantel a parte de eles e contando que hai equipos e xente nova que coñeces menos hai xogadores como josito do guitiriz ou ruben do meira que a min personalmente me gustan sobremaneira.

Tes fama de ser un adestrador moi polémico e sancionado. ¿que opinas ti o respecto? ¿Veremos un Labrada máis calmado esta tempada? Enviada por Serafin

Sempre vivo os partidos intensamente,e cando ves unha inxustiza pois reaccionas, podia manterme mais distante pero non é a miña forma de ser de todos modos intento coidar cada vez máis as formas.E oxe a miña relación con case todos os arbitros e equipos e magnífica

PREGUNTAS DE WWW.FUTBOLLUCENSE.COM

¿Como e cando chegaches o Rioaveso?

Logo de sacar os títulos de adestrador con 23 anos empecei a adestrar.Dous anos máis tarde con 25  xurdiu a posibilidade de vir acó a rioaveso e acó seguimos

¿Que atopaches no clube para que a túa estadia se alargue durante varios anos?

Unhas boas condicións tanto deportivas como persoais. Cunha directiva que me da plenos poderes na parcela deportiva e un plantel co cal teño unha relación moi especial.Que tendo moi claro o lugar que cada un ocupa e diferenciando moi ben o rol adestrador-xogador, unha vez acabado o adestramento ou o partido son GRANDES AMIGOS

¿Con que aspiracións parte o Rioaveso na presente tempada?

Como xa dixen anteriormente a de traballar para non pasar apuros sen renunciar a nada sabendo da enorme dificultade de cada partido nesta tempada

¿Que novidades deportivas tera o equipo?

A parte de jorge como segundo adestrador.Temos poucas novidades xa que o bloque e o mesmo do ano pasado.Temos as incorporacións de Alfonso ,Lopez,Issam e Guillermo e as baixas de Nito,Pibe e Fidalgo

¿Esta a plantilla xa cerrada?

Sempre que xurda algo interesante estamos abertos de todos formas en principio xa estamos traballando co plantel cerrado.

¿Que valoración fas do que vai de pretempada?

A valoración a dia de hoxe é positiva empezamos a adestrar o día 2 e todo vai conforme o planificado se ven temos que facer un especial fincapé na táctica defensiva.No restante todo vai según o previsto

¿Como ves a segunda autonómica desta tempada?

Para min a segunda máis forte de todas ata agora.Con equipos "historicos" e moitas capitais de concello

¿Que equipos crees que loitaran polos postos altos da clasificación?

Hai moitos qu poden estar neses postos, os recen descendidos Iberia, Folgueiro e Santaballes, os descendidos o ano anterior Cervo, Guitiriz e Muimenta e outros como Sacido,Cospeito,Meira,etc o abano e moi amplo.