Charlas Online

Charla con Recalde (Capitán Lourenzá)

CHARLA ONLINE CON RECALDE (Capitán Lourenzá)

Recalde, capitán do Lourenzá, é un dos artifices da permanencia acadada polo coxunto dirixido por José Manuel. A vindeira tempada seguirán competindo na Primeira Autonómica. Envía a túa pregunta con este formulario ou con twitter utilizando o hashtag #recalde

ENVIA A TÚA PREGUNTA

Obligatorio *


  Actualizar Captcha  
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Celes: "Dependemos de nós, das gañas que teñamos de facelo ben"

Celes dianteiro do Cervo | www.futbollucense.comCeles, 26/11/1988 cumpre a súa primeira tempada no Cervo, logo duns anos nos que practicou o fútbol sala. Na actualidade o conxunto dirixido por Gayol está inmerso na loita polo ascenso a primeira autonómica. O dianteiro analiza a actualidade da categoría e do seu equipo.

 

A pesar da ampla victoria ante o Parga por 5-0, segundo Celes “non foi un encontro moi bo, nin por parte nosa, nin deles, nin do colexiado, que tivo expulsións para os dous equipos, sen selas”
Analizando o encontro un pouco mais polo miúdo “a primeira parte estivo igualada, aínda que nos non percibimos moito perigo, e na que tivemos algunha que outra ocasión”. Na segunda metade “como case todos os encontros, temos máis ocasións debido ao cansazo dos equipos, e puidemos materializar os 5 goles que acadamos ao final. Pero sen mellorar moito o xogo, só houbo máis espazos e aproveitámolos".
Celes quédase co resultado e matiza que “tampouco nos podemos pedir moito en canto a xogo xa que entrenando un día á semana e non todos, pois non está mal”.


Arbitraxes na costa
Celes ante o Parga FC | www.futbollucense.comDespois doutra polémica arbitraxe, Celes, reflexiona sobre as constantes polémicas que xorden nos equipos que se desprazan a costa: “nós o que dicimos é que os nosos a maioría de veces perxudícannos, logo véñenche uns que nin saben para un nin para outro. O día do Rioaveso viñeron árbitros neutrais, e foi o mellor que puideron facer, tanto para eles como para nós”.
Sobre a convivencia con estas continúas queixas “a verdade é que ao final do encontro, e durante o partido tamén, cada un queixase só do que ve para os seus ollos, e pódeno estar facendo ben para eles seguido, e logo facerlles unha mal e xa comezan as queixas".
Para cerrar este tema fai unha última reflexión: “o máis fácil é botarlle a culpa ao colexiado, pero equipos que perderon amplamente aquí, tampouco creo que sexa todo culpa do colexiado”.


Mala xeira de resultados
Celes durante un quecemento |www.futbollucense.comCoa victoria ante o Parga e a da anterior xornada ante a Pontenova, Celes, dá por cerrada a mala xeira de resultados. “O bo que temos que sacar deses catro encontros perdidos contra rivais directos, é que a pesar de non facer o mellor xogo, todos os encontros os tivemos para polo menos sacar un punto, e nin moito menos vimos que os contrarios foran superiores a nós. Sabendo que a maioría deles adestran ben e con xente, e puideron facer unha pretempada coa que nos non contamos debido á falta de xente ao comezo dela, os resultados non son malos".
Tras superar unha xeira negativa ve como clave para o seu equipo que “agora dependemos de nós, das gañas que teñamos de facelo ben, para poder achegarnos de novo aos postos de ascenso, comezando pola vindeira xornada na que se enfrontan os dous primeiros e pensando que a partir do último partido, foi onde comezamos a xeira de triunfos consecutivos que nos levou ao liderato, e iso é o que temos que conseguir na segunda volta de novo".


Seguintes xornadas, 2 derbis
As vindeiras dúas xornadas serán de rivalidade mariñán para o Cervo, a primeira a visita o Galdo: “na primeira volta o partido contra o Galdo na casa non nos plantexou moitas dificultades, pero na súa casa e polas necesidades que poidan ter, deben ir a gañar e iso requirirá ter que arriscar para conseguir a victoria, co que nós poderemos aproveitarnos desa situación para poder sacar o partido adiante se conseguimos que a nosa portería quede a cero”.
Pero o derbi de verdade xogarano co Candelaria, encontro que Celes ve así: “levará o partido o que máis tensión lle poña dende o principio ata o final. Eles agora están nunha zona de ninguén pero o que quererán é sacar os tres puntos, xa que nós na primeira volta sacámolos no seu campo. E nós agora xogando na casa o que debemos facer e saír a polo encontro dende un principio xa que nos xogamos, en cada encontro, de aquí en adiante, o estar na loita polo ascenso".


Loita polo ascenso
Celes ante o Guitiriz, rival na loita polo ascenso | www.futbollucense.comAta agora a presente está a ser unha das segundas autonómicas mais abertas de cara ó ascenso, Celes cre que “dos cinco que estamos adiante, en principio poucos puntos se van deixar polo camiño, salvo algún partido puntual con equipos que estean na loita por saír do descenso, ou nos encontros fóra da casa. Como pasou co Iberia contra o Muimenta, ou fai dúas semanas co Parga e o Guitiriz”.
Entre outros aspectos, Celes, ve como principais factores para o o éxito do seu equipo “comezar por tentar entre todos ser serios en defensa e non encaixar. Logo nóss sempre temos as nosas en ataque”. Tamén recalca a importancia de “estar concentrados durante todo o encontro. os partidos iranse se algún día non se está metido neles”
O hándicap para o Cervo cree que podería estar na falta de efectivos: “estamos tendo moitos problemas para xuntar a 16, que de feito poucas veces o fixemos ultimamente, e xa fomos a un partido(contra a Pontenova) con 11, e co Folgueiro na primeira volta con 12. Nos partidos importantes tamén nos faltou xente, debido a lesións ou outros temas extradeportivos".
A nivel xeral cree que “os que estamos aí é por traballo en equipo e porque se teñen algún xogador de máis calidade con respecto doutros equipos. É importante a implicación dos xogadores, poder ir aos partidos de f´ora da casa con xente e tela tamén para adestrar”.

 

Plantel do Cervo | www.futbollucense.com
 

A súa estadía no Cervo
Celes di sentirse “Moi agusto. Comecei a pretempada na S.D. Burela, pero despois de 5 anos no fútbol sala, o que necesitaba era xogar, coller confianza de novo no campo, e debido a que estou estudando fóra do meu pobo e ao equipo que estaba xuntando o Burela, falando co adestrador decidimos que o mellor sería que fose para o Cervo, no que faría máis falta xa que se encontraban baixos de efectivos para afrontar a tempada".
Como adestrador-compañeiro ten a Gayol, ó que lle recoñece “a difícil papeleta de facer dous postos á vez. Está contento con nós, xa que con todo o que se aveciñaba, estamos nunha situación impensable”.
A pesar de todo, Celes admite que “para min é algo novo o non ter un adestrador na banda. E ás veces non sabes moi ben como hai que tratarse no campo. Pero estou contento con él, con todo o que xogou e andivo por tantos equipos, terá saídas para axudarnos coas dificultades que teñamos. Tento aprender do que me di en cada momento”.