Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Outeiro e Páramo xogan ó can e o gato

Páramo vs Xermade | Facebook XermadeOs de Pepe Martín saíron goleados diante da Milagrosa, e o Páramo coa súa victoria, volve ó segundo posto.

O Lemos xa distancia en 13 puntos a terceira posición tras gañar en Riotorto por 0-3.

O Taboada queda a 6 puntos do ascenso logo de imporse ó Valadouro.


A SD Outeiro de Rei cedeu o segundo posto da clasificación ó Paramo e por cuarta xornada consecutiva intercambian ámbolos equipos os seus postos. Os de Pepe Martín caeron goleados no López Gorgoso diante da Milagrosa. 4-1 para os locais nun encontro no que os de Madriles rozaron a perfección. O Outeiro (45), só sumou 3 dos últimos 12 puntos en xogo e encaixou a segunda derrota consecutiva a domicilio. Pola súa banda, o Páramo impúxose por 1-0 ó Xermade nun encontro moi igualado, que deixa ós das Rapadas segundos (46). Os de Couso lograron unha nova victoria no seu feudo, onde só gañou o Castro. Nas últimas 11 xornadas, os brancos non coñecen a derrota.

Na cabeza da clasificación continúa o Lemos (58), que xa goza de 13 puntos de marxe co terceiro posto. Os monfortinos impuxéronse con relativa solvencia ó Riotorto por 0-3 na Veiga e sumaron a súa oitava victoria consecutiva.

O Taboada é cuarto (41), a 5 puntos do ascenso, logo de impoñerse por 2-1 ó Valadouro. Os branquiazuis xa suman 16 xornadas sen perder, dende que caeran a mediados de outubro ante o Ferreira por 1-2. Na quinta praza sitúase o Ferreira, que caeu por 3-1 en Alfoz. Os de Anxo Valcárcel encadean 7 xornadas sen gañar, nas que só sumaron 3 puntos.

Na sexta posición queda tra-lo empate a 1 ante o Cabreiros o Bóveda (38). Os de Cabanelas erraron un penalti durante o encontro e os locais conseguiron empatar cun home menos. Os vermellos encadean tres xornadas sen perder e quedan a 8 puntos do ascenso. Quen se alonxa das prazas de privilexio é o Pastoricense (36). Os de Fiz caeron por 2-0 na Cheda ante a Residencia logo dunha frouxa primeira metade dos brancos. Con todo, co marcador en contra os da Pastoriza mandaron dous balóns aos paus, pero tamén os locais puideron aumentar a súa vantaxa. Os do Acebreiro rompen así cunha xeira de oito encontros sen perder, e nas últimas 4 xornadas só sumaron 3 puntos.

O Burela é oitavo (33) tras perder na Marosa ante o Lourenzá por 0-1 no desconto. Os verdes suman 3 derrotas consecutivas e cederon no seu feudo 14 puntos no que vai de campionato. Cone esta victoria, o Lourenzá (31) ponse a 2 puntos dos verdes tras sumar 9 dos últimos 12 puntos en xogo. Os laurentinos levan tre victorias seguidas a domicilio.

Na próxima xornada xogaranse os seguintes encontros: Portomarín – Burela, Lourenzá – Riotorto, Lemos – Cabreiros, Bóveda – Alfoz, Ferreira – Taboada, Valadouro – Páramo, Xermade – Residencia, Pastoricense – Milagrosa e Outeiro de Rei – Castro.