Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

A xornada 23 foi a da revolución dos humildes

Xermade vs Residencia | Facebook XermadeTres dos últimos cinco clasificados lograron impoñerse nos seus encontros contra equipos da zona alta.

O Xermade impúxose á Residencia no encontro entre recén ascendidos.

O Alfoz continúa co seu bo estado de forma e sumou un punto na difícil visita a Bóveda.

 

Portomarín, Valadouro e Castro protagonizaron senllas empresas na pasada xornada. Os branquiazuis impuxéronse ó Burela no Chao da Poza por 6-0. O Portomarín encadea así dúas victorias consecutivas e deixaron por terceira vez no campionato a súa portería a 0. No apartado goleador, son o noveno equipo máis anotador, pero tamén o segundo que máis goles recibe. Os branquiazuis (16) están a 8 puntos da permanencia.

 

O Valadouro (19), impúxose por 2-0 ó Páramo e volve gañar tras tres derrotas consecutivas. Os de Casal só sumaron 2 dos seus 19 puntos lonxe do seu feudo. O Castro levouse o derbi fronte o Outeiro por 1-2 e con 24 puntos, deixa a 4 os postos de descenso. Os de Marcos Veiga suman así dúas victorias seguidas a domicilio e só perderon un dos últimos cinco encontros.

 

Na última praza, a 14 puntos da permanencia, segue o Riotorto. Os vermellos caeron por 2-1 en Santa Cruz ante o Lourenzá, único equipo ó que foron quen de gañar no que vai de campionato. Os de Mandiá non puntúan a domicilio dende a xornada 10, na que empataran en Alfoz.

 

O Cabreiros, con 20 puntos ocupa o último posto de descenso. Os de L. Del Río e Schuster caeron goleados por 4-0 ante o Lemos e poñen fin así a unha xeira de 3 xornadas puntuando. Os brancos están a 4 puntos da permanencia. Precisamente, a esa distancia dos xermadinos está a Milagrosa, que caeu na Pastoriza por 1-0 nun encontro no que mereceu algo máis. Os albivermellos viñan de sumar 10 dos últimos 12 puntos en xogo.

 

A Residencia (25) é duodécima pese a perder por 2-1 en Xermade. Os branquiazuis aínda non conseguiron gañar a domicilio, onde só sacaron 3 puntos. Pola súa banda, o Xermade é décimo logo de volver gañar tras tres xornadas sen facelo. Os chairegos, con 29 puntos, son o mellor equipo dos recén ascendidos.

 

O Alfoz, outro dos que volveu nesta campaña a Primeira Autonómica, está só un posto por debaixo, con catro puntos menos que os de Xermade (25). Os verdebrancos agrandaron a súa boa xeira de resultados con Pichi no Banco ó empatar en Bóveda a 1 tanto. Co actual preparador só perderon un encontro e sumaron 12 dos 21 puntos en xogo.