Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Ó Calasancio escápalle o tren

Monterroso vs Calasancio | www.cpcalasancio.comOs monfortinos empataron sen goles en Monterroso e xa teñen o ascenso a 9 puntos de distancia.

O Polvorín volveu gañar unha semana máis pola mínima e xa conta con 18 puntos de colchón con 27 por disputarse.

O Brollón gañou en Castroverde e confirma a súa liña ascendente nos últimos encontros.

Antas e Sober sumaron un punto que non lles alivia as penas

Friol vs Castroverde desta tempada | www.sdcastroverde.comOs anteses igualaron ante o Friol na Reigosa e os soberinos ante o Santa Comba no Tras do Novo.

Os da Ulloa están a 6 puntos da permanencia e os Soberinos a 13, con 27 por disputarse.

O Monterroso tamén arrincou un empate ante o Calasancio que o separa nun punto do perigo.

Nada está decidido a falta de nove xornadas

O Santaballés celebrando un gol | Facebook SantaballésO Rioaveso, que semellaba un chanzo por enriba do resto de aspirantes, empatou e volveu comprimir a táboa.

Cervo, Iberia, Santaballés e Meira gañaron os seus encontros e continúan mantendo as distiancias.

O Guitiriz empatou e queda a 6 puntos da segunda posición.

O Muimenta colle aire

Celta Barreiros vs Matela desta tempada | admatela.blogspot.comOs chairegos impuxéronse ó Folgueiro e saen do descenso, que deixan a 1 punto.

O Celta Barreiros continúa sumando e xa está a 1 só punto da permanencia.

O Galdo, que está a sufrir unha caída en picado, baixaría a Terceira logo de perder e empatar o Spórting Pontenova.

Seis equipos están en 8 puntos na loita polo ascenso

SD Guitiriz vs Matela | admatela.blogspot.comO Rioaveso é o que máis vantaxa ten, con 4 puntos de marxe co terceiro posto.

 

Cervo, Iberia e Santaballés están empatados a 39 puntos tras non conseguir ningún gañar.

 

Meira e Guitiriz quedan a 3 e 4 puntos da segunda praza.

O Celta Barreiros continúa a progresión e xa ten a permanencia a tiro

Meira vs Galdo | ArquivoOs celestes están a dous puntos da permanencia logo de gañar por 0-1 en Viveiro ó Sacido.

 

O Muimenta, aínda que tuteou ó líder, cae ó descenso logo de puntuar Pontenova e Folgueiro.

 

O Galdo perdeu en Meira e queda só cun punto de marxe sobre o perigo.

O Polvorín podería ascender dentro de tres xornadas

Guntín vs Calasancio da primeira volta | www.cpcalasancio.comOs de Montirón volveron a gañar deixando a portería a cero por decimoterceira vez no campionato.

 

O Escairón abre fenda co terceiro posto logo de gañar e empatar o Calasancio co Guntín.

 

O Santa Comba queda a 11 puntos do segundo posto ó empatar en Antas.

Página 1 de 13