Charlas Online, Entrevistas
Seis equipos están en 8 puntos na loita polo ascenso
O Rioaveso é o que máis vantaxa ten, con 4 puntos de marxe co terceiro posto.
Cervo, Iberia e Santaballés están empatados a 39 puntos tras non conseguir ningún gañar.
Meira e Guitiriz quedan a 3 e 4 puntos da segunda praza.
O Rioaveso continúa con paso decidido cara a Primeira Autonómica. Os de Labrada venceron por 4-3 ó Muimenta con tres goles de Bruno. Os vilalbeses (43) teñen catro puntos de marxe co terceiro posto e volven gañar tras dúas xornadas sen facelo.
Na segunda praza atópase o Cervo, que empatou a 2 tantos no derbi ante a Candelaria. Os azulóns encadearon 4 xornadas sen perder, nas que sumaron 10 dos 12 puntos, cos que se volven enganchar á loita. A Candelaria sumou o sétimo empate do campionato e queda na oitava praza con 28 puntos. Os de Rúa só perderon un dos últimos sete encontros disputados a domicilio.
Na persecución do ascenso están moi preto Iberia e Santaballés, ambos equipos empatados co Cervo a 39 puntos. Os mariñás empataron a un tanto nas Valgas ante o Spórting Pontenova. Os branquiazuis marraron unha pena máxima no encontro e encadean tres empates a 1 nas últimas tres xornadas. O Santaballés caeu na Liga por 1-2 ante o Parga. É a primeira derrota dos de Kubala no seu feudo, onde ata o momento só conseguira empatar o Matela. Os branquiazuis teñen un calendario moi complicado nas tres últimas xornadas, nas que reciben a Guitiriz e Meira e visitan Cervo.
Na quinta posición, a 3 puntos do ascenso, sitúase o Meira (36). Os celestes impuxéronse ó Galdo por 2-0 e encadean 3 victorias consecutivas que os achegan máis que nunca á segunda praza. Na Lomba só foi quen de vencer o Rioaveso e o Iberia.
O Guitiriz (35) queda a 4 puntos do ascenso logo de caer, contra pronóstico, por 0-1 no Suso Cruz ante o Matela. Os de San Lourenzo de Aguiar son sétimos, con 30 puntos. O Guitiriz leva dúas derrotas consecutivas e nas últimas sete xornadas só acadaron 7 puntos dos 21 posibles. O Matela suma a segunda victoria consecutiva por 1-0. Catro dos seus nove encontros gañados fórono por ese resultado.
Na próxima xornadaxogaranse os seguintes encontros: Cospeito – Sacido, C. Barreiros – Guitiriz, Galdo – Santaballés, Pontenova – Rioaveso, Muimenta – Folgueiro, Matela – Cervo, Candelaria – Meira e Parga – Iberia.
