Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Nada está decidido a falta de nove xornadas

O Santaballés celebrando un gol | Facebook SantaballésO Rioaveso, que semellaba un chanzo por enriba do resto de aspirantes, empatou e volveu comprimir a táboa.

Cervo, Iberia, Santaballés e Meira gañaron os seus encontros e continúan mantendo as distiancias.

O Guitiriz empatou e queda a 6 puntos da segunda posición.

 

O Rioaveso empatou o seu quinto encontro da tempada na Mina ante a Pontenova. Os vilalbeses igualaron grazas a un gol de Jesús Pablo, o referente en ataque dos de Labrada, sobre todo, como no caso do encontro ante a Pontenova, cando os terreos de xogo non permiten practicar o fútbol de toque ó que están acostumados os vilalbeses. Así as cousas, os branquiazuis contan con 2 puntos de vantaxa co terceiro clasificado logo de sumar 1 só punto dos últimos seis en xogo a domicilio.

 

O Cervo ocupa a segunda praza de ascenso (42) tras impoñerse en San Lourenzo de Aguiar ó Matela con un solitario gol de David ó remate da primeira parte, cando os visitantes xa xogaban con un menos. Os azulóns levan tres victorias consecutivas a domicilio e sumaron 10 dos últimos 12 puntos en xogo. O Matela queda sétimo, con 30 puntos tras perder o segundo encontro na casa, onde só gañara o Guitiriz.

 

Tamén o Iberia (terceiro) conta con 42 puntos, os últimos tres acadados tras vencer en Guitiriz ó Parga por 1-2. Os branquiazuis volveron gañar tras tres empates consecutivos. O Santaballés, é o terceiro dos equipos igualados na clasificación a 42. Os de Kubala impuxéronse no Trasvías de Galdo por 0-2 con dous tantos de Caipi. Os vilalbeses sumaron a segunda victoria consecutiva a domicilio, logo de tres xornadas fóra da casa perdendo.

 

Na quinta praza continúa o Meira (39), a 3 puntos do ascenso. Os celestes impuxéronse con claridade por 0-3 á Candelaria na Granda. Os locais quedáronse cun home menos no primeiro minuto e o meira foi impoñendo a súa lei pouco a pouco ata o final do encontro. Os meiregos levan 4 victorias consecutivas e son o mellor equipo do último mes de competición. A Candelaria queda oitava, con 28 puntos, logo desta derrota ante un dos candidatos ó ascenso. Os vermellos levaban dúas xornadas consecutivas nas que sacaran 4 puntos de 6 fronte a Guitiriz e Cervo, dous equipos chamados a estar na zona alta.

 

O Guitiriz queda sexto a 6 puntos do ascenso logo de empatar sen goles en Barreiros ante o Celta. Os de Joaquín só acadaron un punto dos últimos nove en xogo e a domicilio non gañan dende a sétima xornada, a mediados de outubro, cando se impuxeran ó Cospeito por 2-3.

 

Na próxima xornadaxogaranse os seguintes encontros: Sacido – Folgueiro, Guitiriz – Cospeito, Cervo – Celta Barreiros, Santaballés – Candelaria, Meira – Matela, Iberia – Galdo, Rioaveso – Parga e Pontenova – Muimenta.