Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Antas e Sober sumaron un punto que non lles alivia as penas

Friol vs Castroverde desta tempada | www.sdcastroverde.comOs anteses igualaron ante o Friol na Reigosa e os soberinos ante o Santa Comba no Tras do Novo.

Os da Ulloa están a 6 puntos da permanencia e os Soberinos a 13, con 27 por disputarse.

O Monterroso tamén arrincou un empate ante o Calasancio que o separa nun punto do perigo.

 

O Sober (8) deu unha das sorpresas da xornada ó empatar no Tras do Novo a 2 tantos co Santa Comba. Os visitantes estiveron por diante no marcador en dúas ocasións pero non lograron finalmente sumar os tres puntos. Os soberinos fixeron tantos puntos nos últimos quince días coma no resto da liga (gañaron ó Monterroso e empataron nesta xornada). O Antas tamén se agarra con forza á loita pola permanencia tras igualar a 1 en Friol, nun partido moi completo dos da Ulloa, que foron merecedores dos tres puntos. Os celestes están a 6 puntos da permanencia logo de sumar dous empates consecutivos contra rivais da zona alta. O desta semana, foi o primeiro puntos dos anteses a domicilio no campionato.

 

A outra praza de descenso sería para o Castroverde (21), que caeu ante o Brollón por 1-2 nun partido no que os locais tiveron moi mala sorte, con 2 goles encaixados debido ó mal bote do balón cando o seu porteiro ía atallalo. Os verdebrancos levan catro derrotas consecutivas no seu feudo, onde sacaron un punto menos que a domicilio. Os mismos puntos que o Castroverde teñen o Palas e o Muralla. Os palenses caeron por 2-3 nos Chacotes ante o Chantada B nun encontro moi igualado. Os ulloáns sumaron 3 puntos dos últimos 18 en xogo. Pola súa banda, o Muralla non disputou o seu encontro ante o Becerreá porque non dispón de xogadores con fichas en regra tras suspenderllas a Federación logo de non pagar parte das mutualidades en prazo. É de supoñer que a Federación lles restará 2 puntos por incomparecencia ós capitalinos.

 

O Monterroso (22) deixa a un punto o descenso logo de lograr un valioso empate sen goles ante o Calasancio. Os monterrosinos levan 4 puntos dos últimos seis postos en xogo no seu feudo. O San Roque, queda dous por encima do perigo (23) pese a perder co Escairón por 0-3 nun partido no que os verdebrancos se viron superados en todo momento por un dos mellores equipos da categoría a tenor dos números. Os da capital encadearon dúas derrotas logo de sumar os 12 puntos nas catro anteriores xornadas.

 

O Guntín está nunha zona tranquila, con 27 puntos, pese a caer ante o líder Polvorín por 0-1. Os locais xa case celebraban a xesta de empatar cos amarelos cando no desconto, os de Julián Castaño aproveitaron un córner para levar os tres puntos. O Guntín levaba dúas xornadas consecutivas puntuando.