Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Ó Calasancio escápalle o tren

Monterroso vs Calasancio | www.cpcalasancio.comOs monfortinos empataron sen goles en Monterroso e xa teñen o ascenso a 9 puntos de distancia.

O Polvorín volveu gañar unha semana máis pola mínima e xa conta con 18 puntos de colchón con 27 por disputarse.

O Brollón gañou en Castroverde e confirma a súa liña ascendente nos últimos encontros.

 

O Calasancio (40) queda pouco a pouco descolgado da loita polo ascenso. Os de Chura empataron sen goles en Monterroso e deixan así o segundo posto a 9 puntos logo de empatar os dous últimos encontros ante rivais da zona media baixa. Os monfortinos só gañaron un encontro dos últimos cinco disputados. Pola súa banda, o Escairón non errou ante o San Roque e agrandou a fenda. Os do Saviñao foron superiores no campo do Polvorín e impuxéronse por 0-3, na que foi a decimoquinta victoria dos de Jessi na campaña. Os azulóns encadearon catro triunfos consecutivos e nos tres últimos encontros deixaron a súa portería a cero.

 

O que non entende de excusas é o Polvorín. Os de Julián Castaño xa se distancian en 18 puntos do terceiro posto e se se dan os resultados, poden ascender dentro de dúas xornadas. Os amarelos impuxéronse por 0-1 en Guntín tras marcar á saída dun córner no desconto do encontro. Os de Montirón suman nove victorias consecutivas e no último mes de competición ninguén foi quen de meterlles un gol. Xa son 14 das 21 xornadas as que os capitalinos deixaron o seu marco a cero.

 

Á cuarta praza ascende o Brollón (37, cun partido menos), que venceu no Veiga do Olmo ó Castroverde por 1-2. Os vermellos marcaron dous tantos axudados polo irregular bote do balón, que despistou ó porteiro local, e os verdebrancos, sobre todo, na segunda metade, dispuxeron de ocasións claras para levar polo menos un punto. Os da Pobra encadean seis victorias consecutivas. O Santa Comba (quinto, con 36 puntos) empatou a 2 tantos no Tras do Novo ante o colista Sober. Os visitantes adiantáronse por dúas veces no marcador, pero Manolo, con 2 tantos neutralizou a súa vantaxa. Os de Jon Vázquez suman 4 xornadas sen gañar, nas que só acadaron 2 puntos.

 

O Chantada B continúa sexto (33), logo de vencer por 2-3 nos Chacotes ó Palas. Os chantadinos aproveitaron mellor as súas oportunidades en ataque e leváronse o encontro. É a terceira victoria a domicilio dos vermellos (as outras acadáranas ante Monterroso na primeira xornada, e Castroverde, na quinta). O Friol (29, con un encontro menos) empatou ante o Antas na Reigosa. Os visitantes foron superiores na primeira parte, pero non conseguiron conter a vantaxa acadada. Os de Rafa Casanova levan sete xornadas sen gañar, nas que sacaron 3 puntos de 21 en xogo.

 

Pola súa banda, o Becerreá é oitavo, con 28 puntos, pese a non xogar o seu encontro ante o Muralla. O equipo da capital non dispón de fichas en regra para disputar os seus encontros, por mor dos retrasos no pago da mutualidade. É probable que a Federación lle dea os puntos do encontro ós da montaña e lle reste dous ós da capital por incomparecencia.

 

Na próxima xornadaxogaranse os seguintes encontros: Antas – San Roque, Sober – Friol, Polvorín – Monterroso, Muralla – Palas, Brollón – Chantada B, Escairón – Castroverde, Calasancio – Santa Comba e Becerreá – Guntín.