Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Periga o CD Lugo - Coruxo por un virus de boa parte do plantel lucense

altO xefe dos servizos médicos do CD Lugo, o doutor Luís Coira, confirmou este sábado ás 20 horas a futbollucense que boa parte do plantel albivermello sofre un proceso vírico que lles pode impedir ós lucenses celebrar o encontro desta fin de semana fronte o Coruxo.

Luís Coira sinalou cando recibiu a chamada de futbollucense.com ás 19.45 do sábado que estaba facendo nese intre unha “rolda de chamadas ós futbolistas”. En dita rolda, levaba falado con 11, e un total de 10 estaban “con vómitos e diarrea”, o cal fai “practicamente imposible que poidan xogar mañá (en alusión ó encontro fronte o Coruxo).

“Como doutor, é insensato para calquera persoa pouco despois deste proceso poñerse a xogar”, de tódolos xeitos hai que esperar a ver como están os outros que “aínda non chamei”.

Pola súa banda, o director deportivo do CD Lugo, Carlos Mouriz, sinalou que a entidade albivermella aínda non realizou ningunha xestión para suspender o encontro, xa que “hai que esperar á mañá de mañá, para ver como evolucionan” e porque ese “é o cauce reglamentario” que marcan as normas.

O doutor do conxunto lucense, Luís Coira, sinalou que “estes días moita xente está con eses virus estomacais”, co cal é moi fácil que “alguén alleo ó equipo llo contaxiase a alguén do vestiario e este ó resto”. Segundo o propio Luís Coira, “varias familias dos xogadores están na mesma situación”.