Charlas Online, Entrevistas
Só o Roupar venceu na zona baixa
Os de Iván Leal impuxéronse ó Cazás e achéganse á zona media.
Muralla B, Codesido e UD Lugo saíron goleados ante rivais da zona alta.
O Momán perdeu ante o Luís Pimentel unha oportunidade de achegarse ós postos altos da clasificación.
O Roupar (17) impúxose ó Cazás por 3-0, con 2 goles de Hamall e aínda que continúa undécimo, ten a tiro de victoria a Abadín e Goiriz, para asentarse na zona media da clasificación. Os de Iván Leal levaban 3 encontros sen vencer ante os seus afeccionados, desde que se impuxeran na undécima xornada ó Abadín, tamén por 3-0. O Cazás continúa decimosegundo (12) pese a sumar 3 derrotas consecutivas logo de encadear tres xornadas puntuando.
Nos tres últimos postos nada cambiou. A UD Lugo segue pechando a táboa con 4 puntos tras caer goleada a mans do San Román (0-6). Os capitalinos teñen na próxima xornada un encontro ante un rival directo como é o Codesido, o único equipo ó que foron quen de gañarlle na primeira volta.
Precisamente o Codesido é penúltimo (6). Os branquiazuis caeron por 5-1 ante o Catro Roldas e non tiveron opción de encadear o segundo resultado positivo consecutivo, tras vencer ó Roupar por 0-2. O Codesido acadou os seus dous triunfos a domicilio.
No decimoterceiro posto encóntrase o Muralla B, que levou un 7-0 en contra no Viñas da Veiga ante o Mondoñedo. O filial da capital suma sete puntos tras encadear tres derrotas consecutivas logo de dous empates.
Na zona media continúan Momán, Abadín e o Goiriz, que continúa noveno (20) tras descansar nesta xornada. O Abadín conta cos mesmos puntos que os vilalbeses pese a caer por 1-4 ante o líder San Ciprián. Os de Pereira só perderan no seu feudo ata esta xornada contra o Catro Roldas.
O Momán plantoulle batalla ó Luís Pimentel, pero finalmente caeu por 2-4. Os verdebrancos son oitavos, con 23 puntos, e só foron quen de gañar un encontro contra rivais clasificados máis arriba ca eles na clasificación (ante o Ourol por 1-5).
