Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Catro Roldas recupera a segunda praza

SD Pol vs Mondoñedo | ArquivoDos 7 primeiros clasificados, só gañaron os vilalbeses e o Mondoñedo.

O San Ciprián empatou en Momán e continúa na cabeza sen coñecer a derrota.

O San Román está a catro puntos do ascenso con un encontro menos que os tres primeiros clasificados.


O Catro Roldas foi o único equipo dos catro primeiros clasificados que logou a victoria a pasada xornada na Terceira Autonómica norte. Os vilalbeses (41), ocupan a segunda praza con cinco puntos de marxe sobre o cuarto clasificado tras impoñerse á UD Lugo por 1-4. Os amarelos suman 5  victorias nos seis últimos encontros (as tres últimas consecutivas). A domicilio os de Román perderan tres dos últimos catro encontros disputados.

No liderato continúa o San Ciprián (44), que sumou o quinto empate da tempada (o terceiro a domicilio) no feudo do Momán (1-1). Os azulóns aínda non coñecen a derrota na presente campaña e teñen oito puntos de marxe co cuarto posto. O terceiro posto de ascenso é para o Luís Pimentel (40), que empatou tamén a 1 tanto en Roupar. Os da capital viñan de sumar catro victorias consecutivas. Ata o de agora, dos 14 puntos que deixaron de sumar, doce perdéronos a domicilio.

O San Román, que empatou sen goles no Coto ante o Ourol, ocupa a cuarta praza, a 4 puntos dos postos de ascenso, pero coa xornada de descanso da segunda volta xa pasada. Os de Rafa Blas levan nove xornadas sen perder, e no seu feudo contan os encontros disputados por victorias. O Ourol (30) queda con este punto sexto, tras lograr o terceiro empate consecutivo.

Na quinta praza colóouse o Mondoñedo (32), que gañou no Manuel Luna ó Pol por 0-1, cun gol de Jacobo no desconto. Os mindonienses levaban dúas derrotas consecutivas a domicilio. Pola súa banda, o Pol queda sétimo (30), tras perder o primeiro encontro da tempada no seu campo. Os de Miranda sumaron 7 puntos nas últimas catro xornadas, disputadas todas en Mosteiro.

Na próxima xornada xogaranse os seguintes encontros: Muralla B – Luís Pimentel, Goiriz – Mondoñedo, UD Lugo – Roupar, San Ciprián – Cazás, Pol – Momán, San Román – Abadín e Codesido – Ourol.