Charlas Online, Entrevistas
O Corgo sorprende ó Arenas
Os corgueses venceron por 3-2 ó terceiro clasificado e suman a quinta victoria da campaña.
O Oural impúxose por 1-5 ó Garabolos e afiánzase na undécima praza logo do empate do Pradeda e a derrota do Lucense.
Río Sil e Paradela igualan e continúan na zona morna da táboa.
O CD Corgo impúxose no municipal por 3-2 ó Arenas nun encontro no que os locais estiveron moi serios e levaron os tres puntos cos que se colocan con 18 na táboa. Os corgueses son decimocuartos tras sumar a segunda victoria nos seis encontros disputados en 2012. É a cuarta victoria do CD Corgo no seu feudo. A domicilio só conseguiu vencer no derbi fronte o Laxosa.
Quen tamén gañou foi o Oural, que co 1-5 ante o Garabolos suma 24 puntos que o fan ser undécimo. Os cementeiros fixeron unha gran segunda metade e levaron con xustiza os 3 puntos das Gándaras. O Oural encadea dúas victorias consecutivas ante rivais da zona baixa (Garabolos e Corgo) e a logrou sacar resultados positivos en 5 dos 10 encontros disputados a domicilio. O Garabolos queda decimoquinto, con 8 puntos, a 10 do Corgo e 2 por enriba do Laxosa tras encadear a sexta xornada sen gañar.
Precisamente os do Corgo continúan pechando a clasificación con 7 puntos tras caer por 5-1 ante o Chantada Atlético. Os violetas son o equipo menos goleador da competición, con 8 tantos acadados en 20 xornadas e suman a súa segunda derrota consecutiva a domicilio. Os laxosesnses aínda non puntuaron lonxe do seu feudo e non fixeran gol ata esta xornada.
O Spórting Lucense é decimoterceiro (21) tras caer fronte o San Lázaro no derbi da capital por 1-2. Os de Iván e Guty desaproveitaron moitas ocasións para poder sacar algo positivo do encontro pero non estiveron acertados de cara o marco contrario. O Lucense volveu caer no seu feudo tras cinco xornadas sen facelo. Os mesmos puntos que os celestes ten o Pradeda, que empatou a 2 no seu feudo ante o Quiroga. Os de Guntín puideron levar os tres puntos, pero os visitantes igualaron no desconto. O Pradeda só perdeu un encontro no último mes de competición.
Paradela e Río Sil son décimo e noveno, con 25 e 27 puntos logo de empatar no Gandarón a 1 tanto. Os visitantes igualaron nos compases finais co que ambos equipos continúan separados por 2 puntos na clasificación. O Río Sil continúa facendo gala da súa irregularidade, xa que en 2012 aínda non foi quen de encadear dous triunfos, e o Paradela suma un mes sen perder, no que acadou 8 dos 12 puntos en xogo. No Gandarón só gañaron Sagrado Corazón, Comercial e Arenas.
