Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Os equipos da cabeza puxéronse as pilas tra-las sorpresas da pasada xornada

Lance do Roupar vs Ourol desta tempada | ArquivoOs 5 primeiros clasificados da Terceira Autonómica Norte gañaron os seus encontros e as distancias continúan sendo as mesmas.

 

Só se marcaron once goles nos sete encontros disputados.

 

O Catro Roldas, pese a descansar, continúa nos postos de ascenso, con 2 puntos de marxe sobre o San Román, cuarto.

 

As cousas non se moveron na táboa da Terceira Autonómica Norte. Os cinco que son agora os cinco primeiros clasificados venceron os seus encontros con relativa claridade sen encaixar ningún tanto. Na cabeza da clasificación segue o San Ciprián (47), con 8 puntos de marxe sobre o cuarto clasificado. Os mariñáns impuxéronse por 1-0 ó Cazas e acadaron así a decimocuarta victoria da tempada, logo de empatar en Momán na anterior xornada. Os azulóns aínda non perderon no que vai de campionato.

 

O Luís Pimentel (43) é segundo, con catro puntos de marxe e sen aínda descansar na segunda volta (igual que o San Ciprián). Os da capital impuxéronse no derbi ó Muralla B por 0-3 e tamén volven á senda da victoria logo de empatar en Roupar a pasada fin de semana. Os verdenegros levan 6 xornadas sen perder. A terceira praza de ascenso é para o Catro Roldas (41), que descansou esta xornada e ten agora 2 puntos máis que o San Román, cuarto.

 

Os de Vilaestrofe impuxéronse por 1-0 ó Abadín nun encontro no que foron de menos a máis. Os de Rafa Blas tamén empataran na pasada xornada e con este resultado suman xa 10 xornadas sen perder. Ata a quinta praza ascende o Pol (33), que se impuxo ó Momán por 1-0 nun encontro cómodo para os de Miranda, que volveron gañar tras ceder a primeira derrota no seu feudo na pasada xornada.

 

O Mondoñedo baixou o posto que gañara na anterior xornada en Pol logo de caer por 1-0 no Ventiño ante o Goiriz. Os de Hermenegildo García son sextos con 32 puntos, a 9 do ascenso e levan 5 xornadas sen conseguir encadear dous resultados positivos seguidos. O CD Goiriz afiánzase na oitava praza (27) logo de encadear catro xornadas sen perder, nas que sumou 10 puntos de 12 posibles.

 

Na sétima praza queda o Ourol (30), que caeu no campo da Casanova ante o Codesido por 2-0. Os ourolenses levan as 5 xornadas da segunda volta sen gañar, nas que acadaron só 3 puntos dos 15 en xogo.

 

Na próxima xornadaxogaranse os seguintes encontros: Luís Pimentel – San Ciprián, Momán – Goiriz, Mondoñedo – San Román, Roupar – Muralla B, Cazás – Pol, Abadín – Codesido e Ourol – Catro Roldas.