Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

A grandes males, grandes remedios

altO Rácing Vilalbés desquitouse da goleada recibida na última xornada de mans do Deportivo B (0-4) con outro 0-4, pero desta vez a favor, diante do Betanzos CF (imaxe do encontro, DXT). Erni, con 2 tantos, gañoulle a batalla de artilleiros a Felipe, un dos mellores goleadores da Terceira Galega.

O conxunto de Charlie chegou con ganas de revancha ó García Hermanos de Betanzos tra-la dura derrota sufrida fronte o Deportivo B. O Rácing Vilalbés atopou rápido as boas sensacións coas que se mantén no liderato da Terceira e fieis á súa receita de orde defensiva e contragolpe, aniquilaron a un Betanzos, que nin coa chegada de José Manuel Pose ó banco foron quen de mellorar as sensacións. Pese a todo, se cadra os betanceiros non mereceron tanto castigo como reflicte o electrónico.

No particular duelo entre a artilleria chairega con Rafa (5 goles), Dani (3 goles), Justino (2) e Erni (2) ata o encontro do pasado sábado e unha das estrelas da Terceira, como é Felipe, non houbo cor algunha. Os chairegos, escudados cunha boa liña de trescuartistas, impuxeron a súa lei. Erni fixo 2 tantos, para sumar 4 no campionato (curiosamente, marcou só en dous encontros, pero 2 tantos en cada un), Justino outro, co que xa leva 3 na liga e pechou a goleada Nico. De Felipe non houbo noticias no García Hermanos, o que di moito da boa labor defensiva dos vilalbeses.

O Rácing Vilalbés, con 29 puntos, sumou así a novena victoria do campionato ligueiro en 11 partidos. O equipo de Charlie é, xunto co Pontevedra, con 20 tantos, a escadra máis realizadora, cunha media de un gol cada 49 minutos. Os chairegos distancianse 4 puntos do segundo clasificado, o Pontevedra, que non puido pasar do empate fronte o Ordes, do focense Nacho. Ademáis, tamén perderon o Deportivo B e Alondras e empatou o Rápido de Bouzas, conxuntos que se sitúan 5º, 6º e 7º, e marcan os límites do posto de play off. Nestes intres, os da Magdalena teñen 7 puntos de colchón sobre o quinto clasificado.

A Terceira Galega ten xornada este martes 1 de novembro. O Rácing recibe na Magdalena ás 16.15 ó Xuventú de Sanxenxo, decimosétimo clasificado. O resto de encontros son As Pontes – Ourense, Ordes – Cultural Areas, Estradense – Dorneda, Rácing de Ferrol – Somozas, Alondras – Cerceda, Rápido de Bouzas – CD Lalín, Vilalonga – Negreira, Deportivo B – Betanzos e Bergantiños – Pontevedra.