Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Ó asalto do Requexón coa moral intacta

Un lance dun encontro do Calasancio desta campañaOs xuvenís do CD Lugo enfrontaranse ó Real Oviedo, co que están empatados a 25 na clasificación.

Os de Miguel García teñen 10 puntos de marxe cos postos de descenso a Liga Nacional.

O Calasancio recibe o Lérez, nunha boa oportunidade para marcar distancias na loita pola permanencia.

Os monfortinos teñen os postos de perigo a 6 puntos e os de ascenso a 14.

 

Os principais equipos lucenses na categoría xuvenil, o CD Lugo na División de Honra e o CP Calasancio na Liga Nacional, tiveron un dispar comezo de 2012 en canto a resultados, pero non en canto a sensacións ofrecidas sobre o céspede. Os albivermellos caeron por 2-3 ante un dos favoritos da competición, o Celta, pero presentaron batalla durante os noventa minutos. O Calasancio venceu en Negreira por 2-3 ante un rival directo pola permanencia, nun partido no que os vermellos foron de menos a máis. A pesar de xogar cun home menos durante 60 minutos, conseguiron traer os tres puntos para Monforte.

Na División de Honra Xuvenil o Lugo visitará o sábado ás 16:00 a cidade deportiva do Requexón para medirse ó Real Oviedo, equipo co que está empatado a 25 puntos na clasificación. Os ovetenses suman 3 victorias consecutivas, a última por un contundente 0-5 ante o Conxo. Pola contra, os de Miguel García, que non poderán contar con Palas neste e no próximo encontro (ante o Perinés, situado tres puntos por enriba dos lucenses) tras ser sancionado con dous encontros por “producirse de xeito violento”, segundo o xuiz de competición da RFEF no pasado encontro ante o Celta. É incógnita o concurso de Veiga, que rompeu o tabique nasal fronte os celtistas. Os albivermellos tentarán encadear a quinta xornada consecutiva sumando a domicilio.

Na Liga Nacional Xuvenil o Calasancio xogará tamén o sábado ás 16:00 nos Escolapios ante o penúltimo clasificado, o Lérez. Os vermellos non poderán contar co gardaredes Ángel, que foi expulsado no encontro da semana pasada ante o Negreira, e no que os de Marcos Vázquez acadaron a segunda victoria a domicilio da campaña (só conseguiran vencer lonxe dos Escolapios na primeira xornada, ante o Arosa, por 0-1). O Calasancio é noveno, con 20 puntos, a 14 do ascenso e 6 do descenso. O Lérez leva tres derrotas consecutivas.