Charlas Online, Entrevistas
Lugo e Calasancio xogan ante rivais directos
O CD Lugo xuvenil recibe a un rival directo nos postos medios da táboa como é o Perines.
O Calasancio buscará fuxir do perigo ante o Arosa, outro equipo metido na loita por manter a categoría.
O CD Lugo xuvenil recibe o domingo ás 12 no Ceao ó Atlético Perines, nunha boa oportunidade para os de Miguel García de dar un salto adiante na clasificación e colocarse cerca dos gallitos da categoría. Os cántabros son sextos, tres puntos por enriba dos lucenses, que no encontro da primeira volta caeran con claridade por 4-0. Ámbolos conxuntos veñen de gañar os encontros da última xornada tras unha derrota na anterior. O conxunto cántabro só conseguiu vencer dous encontros a domicilio, ante Rayo Cantabria e Rácing de Ferrol.
Miguel García non poderá contar con Gabri (expulsado por dobre amonestación ante o Oviedo) e Johnny, que se perderá os próximos catro encontros por “agredir a outro”, segundo o Xuiz de Competición de Diciplina da Liga Nacional de Fútbol Afeccionado. O Perines chega sen baixas ó Ceao.
O Calasancio necesita a victoria para fuxir do perigo
O Calasancio xuvenil ten un encontro vital ante o Arosa para consolidarse na segunda división do fútbol xuvenil. Os de Marcos Vázquez, tres puntos por enriba do descenso, reciben aos pontevedreses, que con 18, teñen ós estudantís a 2.
Tra-la derrota ante o Lérez da semana pasada, nun encontro moi discreto dos vermellos, o conxunto monfortino ten unha boa oportunidade para asentarse na zona tranquila se vence o encontro do sábado ás 16:00 nos Escolapios. O Calasancio non ten ningunha baixa, mentras que o Arosa non poderá dispor de Alejandro Argibay, por sanción.
