Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Calasancio espanta as pantasmas cunha goleada

Bergantiños vs Calasancio | www.cpcalasancio.comO equipo monfortino aséntase co triunfo por 04- ante o Bergantiños na zona media da táboa, deixando o descenso a 8 puntos.

Na División de Honra Xuvenil, o CD Lugo caeu derrotado na súa visita ó feudo da Gimnástica de Torrelavega, e baixa así ata a novena poisición.


O CP Calasancio (26) deu un golpe enriba da mesa para afastarse dos postos de descenso na Liga Nacional Xuvenil. Os de Marcos Vázquez impuxéronse nas Eiroas por 0-4 ó Bergantiños e quedan así a 8 puntos do descenso. Os monfortinos abriron o marcador nas postrimerías da primeira metade e culminaron un dos mellores partidos do campionato con 3 goles na reanudación.  O Calasancio sumou 9 dos 12 puntos en xogo no 2012 e sitúase así nunha zona tranquila da táboa. Na vindeira xornada, os vermellos reciben ó Val Miñor de Nigrán (sábado ás 16:30 nos Escolapios), que conta cos mesmos puntos na clasificación e que tamén vén de impoñerse na última xornada por 4-0 ó Victoria. Os pontevedreses non poderán contar con Alejandro Villamarín por sanción.

Pola súa parte, o CD Lugo non correu tan boa sorte na súa visita á Gimnástica de Torrelavega na División de Honra Xuvenil. Os de Miguel García non souberon aclimatarse ás reducidas dimensións do campo de Santillana e nun partido espeso caeron por 2-1, cun penalti moi protestado polos visitantes. Con esta derrota, o CD Lugo baixa na clasificación ata o noveno posto, con 31 puntos. Os lucenses están 16 por enriba do descenso e a 10 dos postos que dan dereito a xogar a Copa do Rei. Na vindeira semana o equipo albivermello recibe ó Rácing de Ferrol, pechacancelas da categoría e que vén de lograr a segunda victoria do campionato na pasada xornada, ante o Conxo (2-1). Os capitalinos non poderán contar con Johnny, que cumplirá o terceiro partido de sanción dos catro que lle foron impostos por agredir a un xogador do Oviedo.