Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Lugo e Calasancio fanse fortes na casa

Calasancio vs Val Miñor | www.cpcalasancio.comTanto CD Lugo como CP Calasancio acadaron na pasada xornada resultados positivos para os seus intereses nas dúas principais categorías do fútbol xuvenil. Os albivermellos impuxéronse ó Rácing de Ferrol por 2-0 e o Calasancio empatou a 3 tantos co Val Miñor.


O CD Lugo sumou 3 novos puntos na División de Honra xuvenil a costa do Rácing de Ferrol, ó que se impuxo por 2-0. Os de Miguel García, aínda que non ofreceron un dos encontros ós que teñen acostumada á afección lucense, tiraron de paciencia e seriedade ante un Rácing de Ferrol que pecha a táboa clasificatoria con 9 puntos, a 8 da salvación. O CD Lugo acadou a terceira victoria nos últimos catro encontros e sitúase no oitavo posto, con 34 puntos, a 8 da terceira praza.

Os albivermellos xogarán o sábado a partir das 16.00 horas no campo de Covadonga ante o TSK Roces. Os asturianos, a 5 puntos dos lucenses, suman 6 xornadas sen vencer no seu feudo, onde só acadaron 12 puntos dos 29 cos que contan na táboa. A semana pasada venceron ó Conxo por 2-4. Na primeira volta, os lucenses impuxéronse por 1-0 ó conxunto astur. Perderanse o encontro por sanción Nico e Jhonny.

Pola súa banda, o CP Calasancio empatou a 3 tantos ante o Val Miñor vigués. Os de Marcos Vázquez tiveron que remontar na segunda metade un 1-3 para poder sacar un punto, co que continúan décimos, con 27, os mesmos que o seu pasado rival. Os vermellos encadean 3 xornadas sen perder, nas que acadaron 7 puntos.

O Calasancio visita o sábado a partir das 18.00 horas o campo da Xunqueira, para medirse ó Areosa. Os vigueses, que gañaran nos Escolapios na primeira volta por 2-4, son sextos clasificados, con 5 puntos máis que os monfortinos. Na última xornada empataron a 1 tanto co Victoria e no seu feudo, aínda que gañaron o último encontro ante o Deportivo B (por 2-1), viñan de encadear unha xeira de 3 derrotas e un empate. Para o encontro do vindeiro sábado, Marcos Vázquez non ten baixas. Nos locais perderase o encontro Juan Feijoo por acumulación de amonestacións.