Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O CD Lugo pode garantir a permanencia esta fin de semana

CD Lugo vs Sporting desta tempada | ArquivoO equipo de Miguel García está a piques de acadar o obxectivo que se marcou a entidade albivermella ao comezo da tempada no tocante ó seu primeiro equipo xuvenil, que non era outro que a permanencia na División de Honra. Pola súa banda, o Calasancio caeu ante o Areosa na pasada xornada e recibe o sábado ó Rápido de Bouzas, un rival directo pola permanencia.

 

O CD Lugo xuvenil (37) está en condicións de garantir na vindeira xornada a súa permanencia na División de Honra xuvenil. Os de Miguel García, tras gañar a semana pasada ó Roces por 2-4, con remontada incluída, necesitan vencer ó Pontevedra o domingo no Ceao e que non gañe o Puente Castro na súa visita ó Pabellón.

 

Os lucenses, de sacar os tres puntos o vindeiro domingo, colocaríanse a 2 do seu próximo rival. Nestes momentos os albivermellos están a 8 puntos do posto de Copa do Rei tras sumar 12 dos últimos 15 puntos en xogo. Pola súa banda, o Pontevedra chega a Lugo cunha xeira de tres encontros a domicilio perdidos. Miguel García recupera a Jhonny, que se perdeu os últimos catro encontros por sanción.

 

O Calasancio, que caeu por 3-0 ante o Areosa en Vigo, continúa nunha situación relativamente tranquila, no undécimo posto con 27 puntos, 9 máis que o decimoquinto (Ural), que perdería a categoría.

 

Na próxima xornada os monfortinos reciben ó Rápido de Bouzas, equipo ó que lle sacan na clasificación seis puntos. Os vigueses veñen de caer por 1-2 ante o Victoria no seu feudo e suman tres xornadas sen gañar. Os gualdinegros sumaron dúas victorias (ambas por 0-4) nos últimos 3 encontros a domicilio.

 

Viveiro e San Ciprián, na Liga Galega Xuvenil, poden verse moi afectados pola situación dos equipos de Coruña e Lugo na zona baixa da clasificación da Liga Nacional. Arestora, os 4 conxuntos en descenso nesa categoría son das provincias do norte (Lalín pertenece a Pontevedra pero xoga nas ligas do norte), co cal descenderían dous equipos máis de Liga Galega a Autonómicas. Nestes momentos, eses descensos extras serían para Xuv. Aguiño e San Ciprián, que está a 2 puntos do Viveiro, primeiro equipo que se libraría da queima.