Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O presidente do Muralla dá por resolto o problema dos impagos da mutualidade

Partido do Muralla desta tempada | atleticomuralla.blogspot.comO Presidente do Atlético Muralla e a UD Lugo, Rafael González Rodríguez, confirmou este martes a futbollucense.com que “están todos los problemas resueltos”, no tocante ó pago do 40% da mutualidade dos xogadores do Muralla, Muralla B e UD Lugo que tiñan que facer as entidades antes do 15 de decembro e que non fixeron.

O Muralla non xogou os seus encontros e o presidente quítalle ferro ó asunto

Un encontro do Muralla A esta campaña

O Muralla A e o Muralla Bnon xogaron os encontros que tiñan previstos para este sábado por mor da decisión federativa de anular todas as súas fichas e non permitirlles inscribir a novos xogadores ata que non pague a entidade a porcentaxe das fichas que tería que ter aboado a final de ano. Os xogadores sen este pago estarían xogando os seus encontros sen ningún seguro que cubrise calquera posible percance.

Modesto non aterrará no fútbol lucense

Modesto en pleno salto | www.futbollucense.comModesto, xogador nado no Concello de Guitiriz, non chegará finalmente ó fútbol lucense e continuará o seu periplo no fútbol coruñés. O Sporting Sada é o conxunto co que vén de comprometerse. O xogador rexeitou varias propostas de conxuntos lucenses que se mostraban moi interesados na súa incorporación.

A Xunta abre o prazo para a solicitude de axudas a clubs

Axudas Xunta de GaliciaA Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para a presentación de solicitudes ás axudas a clubs para o ano 2011. A data límite para a súa presentación é o 23 de xaneiro de 2012.

O 'profesor' Valerón expón nun libro a súa visión sobre o talento no fútbol

altO pasado luns presentouse na cidade da Coruñao novo libro de Javier Lavandeira e Juan Carlos Valerón, “El entrenamiento del fútbol ofensivo”.

Vicente Del Bosque participará nun congreso internacional de fútbol na Coruña

imaxe Vicente del BosqueO Comité Galego de Adestradores de fútbol organiza o I Congreso Internacional de Fútbol, no que participarán 14 profesionais dos banquiños, entre eles, o seleccionador español Vicente del Bosque (na imaxe, de isladelanzarote.org) e o seu axudante Toni Grande, e os adestradores de RC Deportivo e RC Celta, José Luís Oltra e Paco Herrera.

Ata sempre Adolfo

alt

A xornada do pasado martes foi tráxica para o fútbol lucense. No campo da Fonte, no que se disputaba o partido Cospeito - Meira, adiantado á novena xornada do grupo 7 da Segunda Autonómica, producíuse un desgraciado accidente que acabou coa morte de Adolfo Jartín Torres, socio do Meira FC e incondicional do fútbol amateur da comarca.

Página 1 de 6