Charlas Online, Entrevistas
Vicente Del Bosque participará nun congreso internacional de fútbol na Coruña
O Comité Galego de Adestradores de fútbol organiza o I Congreso Internacional de Fútbol, no que participarán 14 profesionais dos banquiños, entre eles, o seleccionador español Vicente del Bosque (na imaxe, de isladelanzarote.org) e o seu axudante Toni Grande, e os adestradores de RC Deportivo e RC Celta, José Luís Oltra e Paco Herrera.
O Congreso, que se celebrará no Hotel Attica da Coruña o 7 e 8 de decembro, nace para dar resposta ós novos matices sobre os distintos modelos de rendemento que necesita o fútbol actual. O Comité Galego de Adestradores pretende que os novos preparadores galegos (ós que vai dirixido o seminario) atopen con estas iniciativas “espazo para comprender o fútbol como un proceso científico é ó mesmo tempo como unha parte de cadaquén”.
En canto aos participantes, destacan os seleccionadores españois, Vicente del Bosque e Paco Grande, que impartirán unha ponencia sobre o adestramento da selección española de fútbol. O preparador do Celta, Paco Herrera falará sobre Un microciclo de adestamento: Modelo de construción da competición e José Luís Oltra (RC Deportivo) impartirá un coloquio sobre Outra maneira de Entender o Fútbol.
Tamén impartirán sesións José Carrascosa (licenciado en Psicoloxía e ciencias da Educación), Ginés Meléndez (seleccionador español Sub19), Franco Ferrari (instructor da UEFA e a FIFA), Miguel Ángel Portugal (exadestrador de R. Madrid e R. De Santander), Juanjo Vila (Staff técnico do Valencia CF), José Manuel da Costa (expreparador físico do Boavista), Luís Castro (exsecretario técnico FC Porto), David Casamichana (especialista na introdución das novas tecnoloxías no adestramento), Óscar Cano (exadestrador UD Salamanca, Poli Ejido e Granada) e Bernardo Requena (especialista en adestramento de forza, actualmente no Athletic Club).
Máis información pulsando aquí.
