Charlas Online, Entrevistas
O Chantada foi presa da ansiedade por gañar
O Chantada caeu en Boiro e queda a 6 puntos do play-off de ascenso.
O Ribadeo empatou ante un rival directo e agranda a fenda co descenso a 5 puntos.
Xove Lago e Foz continúan pechando a táboa a 9 e 12 puntos da permanencia.
Ribadeo, Chantada e Viveiro teñen encontros claves contra rivais directos
Os de Vilachá reciben ó Galicia Mugardos, que conta con só 2 puntos menos que os celestes. O Chantada visita o Campo do Boiro, que está en posto de play-off, con 3 puntos máis que os vermellos e o Viveiro xogará ante o Dumbría, equipo que conta tamén con esa mesma diferenza sobre os mariñáns.
O Chantada tuteou ó Compos no Sangoñedo
Os chantadinos igualaron a 1 e quedan a só 3 puntos do play-off de ascenso.
O Viveiro asentouse na zona tranquila logo de imporse ó Xallas.
O Ribadeo continúa con 4 puntos de marxe co descenso pese a perder ante o Grixoa.
Unha tarde para disfrutar no Sangoñedo
Os equipos lucenses da Rexional Autonómica afrontan unha nova xornada. O Ribadeo tentará prolongar a boa xeira de resultados de 2012 que o levou a sair do ascenso, no que se encontran, máis afundidos que nunca, Xove Lago e Foz. O Viveiro buscará fuxir dos postos de perigo e o Chantada dar a sorpresa tumbando ó líder e de paso, asaltar os postos de play-off de ascenso.
O Ribadeo xogará a vindeira semana sen a presión do descenso
Os de Vilachá venceron ó Santa Comba e distancian xa ó Unión a 4 puntos.
Xove Lago e Foz caeron derrotados unha semana máis e continúan afundidos nas dúas últimas prazas.
O Chantada sitúase a 3 puntos dos postos de play-off de ascenso tras vencer ó Dumbría.
Un novo derbi agónico na mariña
Xove Lago e Viveiro enfrontaranse o domingo ás 16.30 no Municipal xovense, nun encontro no que ambos equipos chegan con moitas urxencias. Aínda que o Viveiro está 3 puntos por enriba do descenso, a súa dinámica é moito máis negativa que a do Xove Lago, que se encontra a 7 da permanencia.
O Ribadeo comeza a ver a luz ó final do túnel
Os de Vilachá impuxéronse ó Viveiro e están en virtual permanencia.
No outro derbi, o Xove venceu en Foz e deixa ós de Molo pechacancelas en solitario.
O Chantada deixou escapar unha boa oportunidade de achegarse ós postos altos tras empatar no Sangoñedo ante o Xallas.
