Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Ribadeo xogará a vindeira semana sen a presión do descenso

Ribadeo vs Santa Comba | www.quepasanacosta.comOs de Vilachá venceron ó Santa Comba e distancian xa ó Unión a 4 puntos.

Xove Lago e Foz caeron derrotados unha semana máis e continúan afundidos nas dúas últimas prazas.

O Chantada sitúase a 3 puntos dos postos de play-off de ascenso tras vencer ó Dumbría.


O Ribadeo desmelenase no Pepe Barrera. Se non conseguira vencer ata a pasada xornada no seu feudo, nesta semana sumou a segunda victoria consecutiva no campo ribadense. Os de Vilachá dominaron durante todo o encontro, agás nos primeiros minutos da segunda metade, nos que o Santa Comba igualou o marcador. Con 23 puntos, o Ribadeo xa distancia o descenso a 4, tras acadar os últimos 9 dun xeito consecutivo nas tres últimas xornadas.

Pola súa parte, o Xove Lago continúa na penúltima praza, con 13 puntos (a 8 da permanencia) tras caer no derbi ante o Viveiro. Os celestes impuxéronse con claridade por 2-0 e alivian un tanto a súa situación na táboa, ó sumar 25 puntos, deixando o descenso a 6. Os xovenses, que viñan de gañar na pasada xornada ó Foz, non puideron romper a xeira de resultados negativos na casa, onde sumaron a 3 derrota consecutiva. O Viveiro tivo que xogar 5 encontros no 2012 para acadar a primeira victoria do ano. Os de Chano levaban un único punto dos últimos 15 disputados ata o encontro ante o Xove.

O Foz pecha a clasificación, con 10 puntos (a 11 da permanencia), tras caer goleado na Fontenla ante o Xallas por 3-0. Os de Molo aguantaron o empate durante a primeira hora do encontro, pero a calidade dos locais e o nulo acerto ofensivo dos visitantes desfixo a balanza a favor dos coruñeses. O Foz leva seis derrotas consecutivas.

O Chantada quere soñar
A SD Chantada impúxose por 1-3 ó Dumbria no Municipal e con 38 puntos achégase a 3 da cuarta praza, que ocupa o Boiro e que dá opción de xogar o play-off de ascenso a Terceira División. Os vermellos continúan facendo gala da súa solidez e non desaproveitan as opcións que lle brindan os rivais, no caso do Dumbría, en forma de dúas expulsións, que lle puxeron moi de cara o encontro ós de Carolo. Óscar Méndez fixo dúas dianas e con 11 tantos, é o terceiro máximo goleador da categoría, a un gol de Marcos Suárez, do Narón, e a 8 de Sito, do Laracha.

 

Na próxima xornada xogaranse os seguintes encontros: Soneira – Narón, Foz – Dumbría, Mugardos – Bertamiráns, Viveiro – Xallas, O Val – Boiro, Santiago – Laracha, Santa Comba – Xove Lago, Chantada – Compostela, Dubra - Unión e Grixoa – Ribadeo.