60 xogadores perderanse a xornada por sanción
Os distintos comités de competición encargados de velar polo funcionamento das ligas con equipos que compiten no ámbito lucense veñen de facer públicas as súas resolucións relativas ós encontros da pasada xornada. Perderanse a próxima data dos respectivos campionatos, 60 xogadores e a 4 destes futbolistas fóronlles impostas sancións de máis dun encontro.
48 xogadores das ligas provinciais perderanse a xornada pos sanción
O Comité de Competición da Federación Galega de fútbol impúxolle a sanción máis dura dos equipos lucenses a Diego Seco, do Pastoricense, por “agredir a outro estando o xogo detido” no encontro da pasada semana celebrado no Acebreiro entre o seu equipo e a SD O Páramo.
4 encontros de sanción a Iago e Víctor Neira polos incidentes no S. Lázaro – Chantada Atlético
O Subcomité de Competición da FGF en Lugo actuou dunha forma tallante tra-la lectura da acta do encontro da xornada 17 entre o S. Lázaro e o Chantada Atlético, que o colexiado tivo que suspender nos últimos minutos por unha tangana no terreo de xogo. Iago, dos locais e Víctor Neira dos visitantes foron sancionados con 4 encontros por “agredir a outro sen causar lesión estando o xogo detido”. Ademáis outros dos xogadores (un de cada equipo) cumprirán un encontro de sanción por “producirse de xeito violesnto”. O delegado do San Lázaro, José María García, tamén foi sancionado con 4 semanas privado das súas funcións.
Duras sancións aos delegados de campo do Riotorto e o Oural por incidentes na pasada xornada
Os distintos comités de competición da FGF veñen de facer públicas as sancións deportivas que afectan aos clubs lucenses que compiten en categorías de ámbito provincial. Os delegados do Riotorto, con 3 meses e medio de sanción, e do Oural, con un mes, engádense á ista de 62 xogadores sancionados nas competicións afeccionadas de ámbito lucense.
A FGF quítalle dous puntos ó Friol xuvenil por incomparecencia
Quince xogadores dos equipos lucenses de fútbol base perderanse a xornada da fin de semana nas distintas categorías. O Vilalbés de Liga Galega Cadete é o equipo máis mermado, con 3 xogadores sancionados.
A FGF sancionou a 2 xogadores da Milagrosa polos incidentes ante o Taboada
Os distintos comités territoriais de competición dependentes da Federación Galega de Fútbol veñen de facer públicas as sancións correspondentes á xornada do 14 e 15 de xaneiro de 2011. Tamén foron xulgados os incidentes do Taboada - Milagrosa, da decimosétima xornada da Primeira Autonómica.
40 futbolistas perderanse a xornada no fútbol provincial
A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer este xoves as distintas sancións nas competicións do fútbol disputadas integramente na provincia de Lugo. Un total de 4 xogadores na Primeira Autonómica, 21 na Segunda, 13 na Terceira e 2 na Autonómica Cadete non poderán disputar os encontros desta fin de semana cos seus equipos.
