A FGF quítalle dous puntos ó Friol xuvenil por incomparecencia

Sancións do fútbol baseQuince xogadores dos equipos lucenses de fútbol base perderanse a xornada da fin de semana nas distintas categorías. O Vilalbés de Liga Galega Cadete é o equipo máis mermado, con 3 xogadores sancionados.

 

En xuvenís, na Liga Galega ningún club lucense ten sancionados. Nos campionatos autonómicos, no grupo norte perderase a xornada Félix, do Cospeito. No grupo sur non estarán nos encontros dos seus equipos desta xornada Damián, do Monterroso, Rubén, do Friol e Yoel, da Comercial. Ademáis, o Comité de Competición restoulle dous puntos da clasificación ó Friol, por “incomparecencia”, tras quedar con menos de sete xogadores no campo, no encontro ante a Milagrosa. Ó choque, os friolenses presentáronse con 10 xogadores, e tras lesionarse tres deles no primeiro momento e expulsar o colexiado a un no comezo da segunda metade, o partido tivo que ser suspendido por non contar os visitantes co número mínimo de xogadores. O Pdf coas sancións aquí.

En cadetes, na División de Honra, nin CD Lugo nin Residencia teñen sancionados nesta xornada. Na Liga Galega, o Rácing Vilalbés non poderá contar con Alberto Cornide, Alberto Rey e Abraham Moure. Na Milagrosa non xogará Álvaro Sánchez. Consulta o pdf coas sancións aquí.

Na liga Autonómica Cadete, Marcelo, do Polvorín e Jorge do Foz perderanse esta xornada por “producirse de xeito violento con ocasión do xogo sen consecuencias danosas ou lesivas”.

Na categoría infantil, na Liga Galega, Pulleiro e Álex non poderán pechar a primeira fase do campionato co Viveiro. Na liga Autonómica, Javier e López, da Sarriana, foron sancionados cun encontro, igual que Nacho, da Residencia B.