Duras sancións aos delegados de campo do Riotorto e o Oural por incidentes na pasada xornada

62 xogarores non disputarán a xornadaOs distintos comités de competición da FGF veñen de facer públicas as sancións deportivas que afectan aos clubs lucenses que compiten en categorías de ámbito provincial. Os delegados do Riotorto, con 3 meses e medio de sanción, e do Oural, con un mes, engádense á ista de 62 xogadores sancionados nas competicións afeccionadas de ámbito lucense.

Na Primeira Autonómica, o comité de competición foi tallante cos actos ocorridos no Riotorto – Valadouro. Antonio Iglesias (Toño), delegado de campo do Riotorto, foi sancionado con 14 semanas privado de exercer as súas funcións tras “agredir ao árbitro, asistente, directivo ou autoridade deportiva, en acción única e non orixinándose consecuencia delo”. Fontes da entidade riotortense recoñecen que “si houbo menosprezos a un asistente por parte do delegado de campo, pero non unha agresión”. En cantro ás restantes decisións, foron sancionados 18 xogadores da categoría. Por equipos, os máis perxudicados son o Ferreira, con 3 sancionados (un deles con 4 encontros), igual que Outeiro de Rei e Lourenzá.

Na Segunda Autonómica, no grupo norte, a sanción máis forte foi imposta a Alfonso, do Galdo, sancionado con 4 encontros. A FGF tamén castigou a outros 10 xogadores con un encontro de sanción. Matela, Guitiriz e Celta Barreiros, con 2 xogadores sancionados, son os conxuntos máis perxudicados. No grupo sur a sanción máis severa foi para David Mato, do Palas, con 2 encontros. Outros 11 xogadores perderanse a xornada. San Roque, Palas e Sober, con 2 sancionados cada un, serán os equipos nos que o seu potencial se verá máis mermado polas sancións desta semana.

Na Terceira Autonómica, no grupo norte, Amady, do Roupar, foi castigado con 4 encontros de suspensión por “agarrar, empurrar ou zarandear ao árbitro”. Ademáis, outros 14 xogadores foron sancionados cun encontro. Momán e UD Lugo non disporán de 3 dos seus xogadores por sanción. No grupo sur da terceira, José Luís González, delegado de campo do Oural, foi privado de exercer as súas funcións durante un mes por “incumplir as súas obrigas”. Seis xogadores desta categoría perderanse os encontros da fin de semana, tres deles son do Spórting Lucense.