48 xogadores das ligas provinciais perderanse a xornada pos sanción

Cabanas nun encontro desta tempada | admatela.blogspot.com/O Comité de Competición da Federación Galega de fútbol impúxolle a sanción máis dura dos equipos lucenses a Diego Seco, do Pastoricense, por “agredir a outro estando o xogo detido” no encontro da pasada semana celebrado no Acebreiro entre o seu equipo e a SD O Páramo.


Na Primeira Autonómica, outros 9 xogadores ademais de Diego Seco, perderanse os encontros dos seus equipos nesta fin de semana. Os conxuntos máis lastrados polos castigos federativos serán o Portomarín e o Taboada, con 2 xogadores sancionados.

Na Segunda Autonómica, no grupo norte foron sancionados con un encontro 13 futbolistas de 10 equipos. As escadras máis afectadas son  Cospeito, Sacido e Galdo, con dous sancionados cada un. No grupo sur, o comité non recibiu as actas dos encontros Sober – Muralla e Calasancio – Becerreá, co cal, só sancionou a 9 futbolistas de 6 equipos. O Muralla con tres xogadores e o Santa Comba con dous, son os equipos peor parados tra-la reunión do Subcomité de Lugo da FGF.

Na Terceira autonómica, no grupo 11 foron sancionados 7 xogadores de 7 equipos distintos. Todos os castigos foron por un partido e por acumulación de amonestacións en 5 casos. Nos dous restantes, un foi por “producirse de xeito violento con ocasión do xogo sen causar consecuencias dañosas” e outro por “expulsión por dobre amonestación”. No grupo sur, a FGF sancionou a 8 xogadores de 5 equipos distintos. Lucense, Quiroga e Rubián, con 2 xogadores impedidos de xogar na próxima fin de semana, son os clubs máis afectados. A FGF tamén puxo data para disputar os 45 minutos restantes do encontro suspendido no seu día entre a Comercial e o Quiroga: Será o 26 de febreiro.