Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Sorteo do libro "El entrenamiento del fútbol ofensivo"

PILAR SANTALLA GAÑADORA DO LIBRO DE JAVIER LAVANDEIRA E JUAN CARLOS VALERÓN

Queres gañar o novo libro de Javier Lavandeira e Juan Carlos Valerón? Participar nas redes sociais de www.futbollucense.com ten premio. Consulta as bases e gaña cun exemplar do libro "El entrenamiento del fútbol ofensivo"

 

Termos e condicións da promoción:

 

Para participar, tes que cumprir os seguintes requisitos:

 

1. Ser fan da páxina de Facebook de Futbollucense.com (www.facebook.com/futbollucensecom) ou fan da nosa páxina en twitter (@futbol_lucense)

2. Deixar comentario nunha das nosas redes sociais. Para deixar un comentario tedes dúas opcións ou ben na nota do concurso do noso facebook ou no noso twitter engadindo ó voso comentario #sorteolibrofutbollucense explicando como vivides normalmente o fin de semana futbolístico, opinións sobre a web ou calquera cousa que queirades compartir. O prazo de participación é desde o día 28 de novembro ata o 10 de decembro ás 23.59.


 

Dinámica da promo:

 

Os fans da páxina de Facebook ou Twitter de futbollucense.com que deixen unha mensaxe entrarán no sorteo lo libro de Javier Lavandeira e Juan Carlos Valerón.

 

Podes deixar o teu comentario desde o día 28 de novembro ata o 10 de decembro ás 23.59.

 

Condicións Adicionais:

 

1. O gañador non poderá substituír o premio nin obter o seu equivalente en metálico.

2. Futbollucense.com porase en contacto co gañador o 11 de decembro de 2011. Unha vez contactados, cada un deles terá un prazo de 48 horas para contestar a Futbollucense.com, aceptar o premio e enviar os datos e documentación esixidos por Futbollucense.com. En caso contrario, o premio pasará ao primeiro suplente.

3. No caso de que non se puidese localizar o gañador no prazo de 48 horas, ou este non aceptase o premio, o premio pasará ao seguinte reserva, e así sucesivamente até chegar ao último deles.

4. Futbollucense.com resérvase o dereito de publicar por medio da prensa, radio, televisión, páxinas Web, ou por calquera outro medio de comunicación os resultados desta promoción.

5. Futbollucense.com pode modificar as regras desta promoción e os termos de participación en calquera momento se causas de forza maior así o fixesen necesario.

 

Bases de datos:

 

En cumprimento da Lei 15/99 de Protección de Datos de Carácter Persoal, futbollucense.com ten a obrigación de informarche do seguinte:

1. Os teus datos pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado titularidade de futbollucense.com, destinatario e responsable da información que nos cedes voluntariamente.

2. Estes datos utilizaranse, de acordo ao establecido pola devandita Lei, a efectos da presente promoción, a cal non poderá levar a cabo sen os seus datos, sendo destruídos inmediatamente despois e non sendo utilizados para ningún outro fin.

3. Podes exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación que a Lei che outorga enviando un correo electrónico coa referencia "SORTEO LIBRO" á seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla